Compartir anuncio

Clases de Sociales

en Santiago De Compostela, Ames, Teo, Trazo, Oro... (A Coruña)

Profesor de reforzo para materias de ciencias sociais, filosofía, música e linguas na ESO e Bacharelato

Para alumnos de:

E.S.O., Bachillerato

Niveles:

Todos los niveles

Métodos:

Presenciales (en casa del profesor), a domicilio

Precio:

10 €/h Primera clase gratis

Son un graduado en Historia cuxa vocación é a ensinanza, polo que conto tamén co máster de profesorado. Na actualidade compaxino a preparación das oposicións para profesorado de secundaria coa docencia en clases particulares e en escolas de música (como profesor de violonchelo).

A educación é para min un diálogo no que profesor e alumnado forman parte dun proceso común de enriquecemento e aprendizaxe. Por isto se atopas dificultades con algunha das materias de ciencias sociais, filosófía, música ou linguas na ESO e bacharelato, aquí atoparás unha maneira de desbloquealas de forma amena e a través de recursos de todo tipo, xa que a clave da ensinanza é a utilización de estratexias diferentes nas que o alumnado participe de forma activa. A través deste enfoque metodolóxico tentaremos resolver esas dificultades e dotar ó alumno de ferramentas e técnicas para desenvolver unha aprendizaxe autónoma. De xeito que o enfoque destas clases dependerá das necesidades, dos intereses e das potencialidades de cada un dos alumnos, pois é a única de maneira de lograr unha aprendizaxe significativa das materias impartidas nos colexios e institutos. Esta flexibilidade tamén se trasladará ó formato das sesións, presenciais ou telemáticas, aínda que as primeiras presentan máis garantías para acadar os obxectivos xa referidos.

Estas clases particulares están dirixidas a alumnos de ESO e bacharelato, para as materias de ciencias sociais (Xeografía e Historia, Historia do Mundo Contemporáneo, Historia de España, Xeografía, Historia da Arte e Cultura Clásica), Filosofía, Música (conto con formación como violonchelista) e Linguas, tanto as propias como o inglés. Para este último conto cun B2 de Cambridge (First) e cunha ampla inmersión en contextos angloparlantes.

Vivo en Santiago e podo trasladarme en coche a calquera punto da comarca de Santiago e das limítrofes con ela. Se estás interesado en recibir clases, non dubides en contactarme. Un saúdo!
Contacta sin compromiso
Manuel

Manuel

Ver perfil completo

Datos de contacto validados

Responde en pocos minutos

Disponibilidad horaria de Manuel
Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Domingo
07:00
08:00
09:00
10:00
11:00
12:00
13:00
14:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
20:00
21:00
22:00
23:00

Alertas gratuitas en tu e-mail

Recibe en tu e-mail los nuevos profesores particulares de Sociales en A Coruña que se den de alta.

Acepto el aviso legal y de privacidad

Comparte este anuncio o envíalo por e-mail

© 2007 - 2024 Tus clases particulares Mapa web: Profesores particulares| Academias y centros