Compartir anuncio

Clases de Diseño Gráfico

en A Coruña Ciudad, Cambre, Culleredo, Oleiros (A Coruña)

Clases de deseño gráfico e software libre

Para alumnos de:

Adultos, Empresas

Niveles:

Iniciación, Bajo, Medio

Métodos:

Adomicilio, en empresas

Precio:

20 €/h Primera clase gratis

A domicilio - Área metropolitana da Coruña.

Con este curso aprenderás a utilizar ferramentas de uso libre e gratuíto coma Inkscape e Gimp para desenvolverte no mundo do deseño gráfico.

Aprenderás a retocar e definir co cliente o sumario ou brief que te guiará ó longo do proceso creativo, tanto para traballos de imaxe corporativa, logos, carteis, publicidade, serigrafía, contidos virtuais, etc. Verás as regras básicas de composición e metodoloxías creativas para desenvolver as túas ideas.

Tamén aprenderás a definir graficamente a túa proposta con trazados vectoriais no Inkscape, utilizando o rato e a tableta gráfica, e modificando os estilos de trazo e recheo ata obter o resultado desexado.

Por último aprenderás a exportar o teu traballo en SVG e AI para compartilo en vectorial, e a rasterizalo a PNG para continuar traballando no Gimp, onde poderás combinar facilmente o trazado con imaxes e textos para obter resultados profesionais.

---

Na Academia Casabiell veremos os contidos de fotografía, deseño gráfico e das disciplinas creativas mediante o uso de software libre.

A metodoloxía de ensino é cíclica, e dicir, comezamos por ver o conxunto da materia, cales son os conceptos máis básicos e como poñelos xa na práctica dende o primeiro momento. A partires de aí revisitaremos cada apartado e en cada ciclo afondaremos máis na materia, para ter unha curva de aprendizaxe na que con pouco poidas facer moitas cousas na práctica xa dende o principio.

Os cursos máis salientables son:

Fotografía (control manual e técnicas na cámara + composición e teoría).
Edición fotográfica con Gimp.
Cartografía con QGis.
Deseño gráfico con Inkscape e Gimp.
Presentacións con LibreOffice Impress.
Documentos de texto con LibreOffice Writer.
Táboas de cálculo con LibreOffice Calc.
CAD.
Debuxo técnico a man.
Modelado e precisión 3D con Blender.
Renders e infografías con Blender.
Xeometría procedural con Blender.
Escultura dixital con Blender.
Pintura dixital con Krita e Blender.
Animación 2D con Krita e Blender.
Edición de vídeo con Blender.

Podedes enviar o voso contacto a través das mensaxes para organizar a clase con máis axilidade.
Contacta sin compromiso
Iago

Iago

(2)10100

Ver perfil completo

Datos de contacto validados

Responde en pocos minutos

Disponibilidad horaria de Iago
Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Domingo
07:00
08:00
09:00
10:00
11:00
12:00
13:00
14:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
20:00
21:00
22:00
23:00
Valoraciones de alumnos y ex-alumnos de Iago

Alertas gratuitas en tu e-mail

Recibe en tu e-mail los nuevos profesores particulares de Diseño Gráfico en A Coruña que se den de alta.

Acepto el aviso legal y de privacidad

Comparte este anuncio o envíalo por e-mail

© 2007 - 2024 Tus clases particulares Mapa web: Profesores particulares| Academias y centros