Descripción del anuncio
Que non tes visión espacial? Que hai partes nas que entendes pero outras non? Que non te enteras de nada? Comezaremos co básico e verás que non é difícil, ata é divertido, e sobre todo útil para outras materias como o debuxo artístico, a física ou as matemáticas. Son enxeñeiro, e levo moitos anos dando clase das distintas especialidades (Xeométrico, Diédrico, Isométrico-Axonométrico, Cónico, Acotado) en moi distintos niveis. Contacta comigo e falamos. En caso de necesidade, tamén se pode combinar con Física, Química ou Matemáticas. Tamén son Filólogo, polo que tamén podemos falar de galego, inglés, castelán...