Son unha profesional apaixonada pola educación, coa vocación de acompañar a cada neno e nena no seu camiño de aprendizaxe. Levo anos traballando como pedagoga terapeuta e mestra de Infantil e Primaria, o que me permite entender as distintas formas de aprender e adaptar a miña intervención a cada realidade.
Son unha persoa paciente, comprometida e cercana, pero tamén rigorosa e organizada. Considero fundamental crear un clima de confianza e seguridade emocional, onde o alumnado se sinta escoitado, valorado e motivado. Gústame establecer vínculos sólidos cos nenos e coas familias, para avanzar sempre na mesma dirección.
Teño experiencia tanto con alumnado que necesita reforzo escolar como con nenos e nenas con necesidades específicas, e considero que cada persoa merece unha resposta axeitada, que respecte o seu ritmo e poña en valor as súas fortalezas.
Traballar comigo significa contar cun acompañamento personalizado, profesional e humano, sempre enfocado a conseguir que os nenos e nenas se sintan ben e aprendan mellor.
Ofrece clases particulares a
-
Niños, adolescentes, adultos
Cómo da las clases Alba
- En el domicilio del profesor
- Online (Skype, Zoom, Classgap)
Formación: títulos, cursos y certificaciones
Grado:
Grao en Educación Infantil
Grado:
Mención Educación Especial
Grado:
Grao en Educación Primaria