Son Antia Freire Seoane, vivo en Melide e na actualidade encóntrome realizando o mestrado de profesorado. Os meus inicios na universidade estiveron, en parte, marcados por Arantxa, pois foi quen me acompañou a nivel de titorización individual durante os dous primeiros cursos académicos no ámbito do inglés. Neste aspecto, a súa labor foi inmellorable: coñecementos amplios sobre a lingua inglesa, destreza á hora de inculcalos e moita paciencia para sobrelevar aquelas tardes na academia. Canto á súa persoa, a verdade é que o contacto profesora-alumna non puido ser mellor; soubo desde o minuto 0 levar a situación e, convertirse, incluso, nun referente en certos aspectos. De feito, estudei linguas, coma ela.
Por se aínda non quedou claro, recomendo a calquera persoa (nenx ou adultx) que estea pensando en apuntarse a clases de inglés, que o faga, pero con ela.
Ver más
Ver menos