Perfil de Clara

Sobre mi
Mis clases
Contacto

Sobre mi

Ola, son Clara, profesora de apoio e docente de ensino secundario, con ampla experiencia en centros públicos, academias e departamentos didácticos de museos. Teño unha sólida traxectoria no acompañamento de persoas con dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas especiais, como problemas na lectura e na escritura, TDA/H ou dislexia.

A miña especialidade céntrase nas materias do ámbito...
Ola, son Clara, profesora de apoio e docente de ensino secundario, con ampla experiencia en centros públicos, academias e departamentos didácticos de museos. Teño unha sólida traxectoria no acompañamento de persoas con dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas especiais, como problemas na lectura e na escritura, TDA/H ou dislexia.

A miña especialidade céntrase nas materias do ámbito sociolingüístico, como linguas, historia, xeografía, arte e filosofía. Ademais do contido académico, axudo aos meus alumnos a perfeccionar técnicas de estudo, mellorar a comprensión lectora e desenvolver a expresión escrita. Para favorecer a adquisición dunha maior autonomía, traballamos a organización e planificación do seu estudo.

Caracterízome por ser unha profesional empática, comprometida, responsable e rigorosa. O meu obxectivo é proporcionar aos alumnos as ferramentas necesarias para o seu crecemento académico e persoal, acompañándoos no seu proceso de aprendizaxe.

Un cordial saúdo, Clara.

Ver más Ver menos

Mis clases

Imparto clases presenciales
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
Denunciar este perfil Muchas gracias por tu ayuda