Ola! Chámome Clara Xanthina, encantada!
O galego é a miña lingua materna, a que uso pra todo e á que amo con todo o meu corazón.
Inspirada por tódalas profesoras de galego que tiven e sobre todo, pola miña nai, decidín meterme no Gran de Lingua e Literatura Galegas. Levo toda a vida rodeada de profesoras e quizais por iso me quixen adicar a isto.
Encántame falar diferentes linguas, aprender novos...
Ola! Chámome Clara Xanthina, encantada!
O galego é a miña lingua materna, a que uso pra todo e á que amo con todo o meu corazón.
Inspirada por tódalas profesoras de galego que tiven e sobre todo, pola miña nai, decidín meterme no Gran de Lingua e Literatura Galegas. Levo toda a vida rodeada de profesoras e quizais por iso me quixen adicar a isto.
Encántame falar diferentes linguas, aprender novos idiomas e contaxiar o sentimento de que unha lingua é un tesouro, por iso mesmo é que debemos conservala.
Penso que unha lingua non se pode aprender sen tomar conciencia do importante que son os idiomas, que nos abren portas e que nos conectan entre tódolos pobos do mundo. Unha vez que temos claro iso, o resto vai sobre rodas e cun pouquiño esforzo, tamén??
Estou aquí pra axudarche e dar o mellor de min!
Ver más
Ver menos