Son Lucía, graduada en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Son unha apaixoada da Historia, de sempre, pero en xeral da cultura, das Humanidades e Ciencias Sociais. E isto condicionou os meus estudos ou o meu tempo de lecer. Desde xeito, brindo apoio escolar, pero non só iso, senón que busco achegar aos alumnos e alumnas ás materias que, tan frecuentemente se resisten. Para elo, in...
Son Lucía, graduada en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Son unha apaixoada da Historia, de sempre, pero en xeral da cultura, das Humanidades e Ciencias Sociais. E isto condicionou os meus estudos ou o meu tempo de lecer. Desde xeito, brindo apoio escolar, pero non só iso, senón que busco achegar aos alumnos e alumnas ás materias que, tan frecuentemente se resisten. Para elo, insisto especialmente nos métodos de estudo, baseándome na miña propia experiencia académica, considerando que son esenciais para lograr o aprobado a longo prazo.
Conto con niveis intermedios en Inglés e Italiano, actualmente estudando para o exame C1 de ambos, xunto cas miñas linguas maternas, o galego e castelán. Á súa vez, atópome estudando un mestrado de Xestión de Arquivos e Continuidade Dixital, así como tamén exerzo como profesora de pandeireta nunha asociación folclórica, da cal son membra activa dende hai 17 anos.
Así, conto cunha experiencia de 6 anos con crianzas e adolescentes nas aulas de pandeireta. No tocante ao reforzo escolar, teño experiencia ca preparación de exames e traballos de Historia de 3º curso de Ensinanza Secundaria. Tamén ofrecín apoio e repaso xeral das materias a alumnos de 5º e 6º curso de Primaria e de maneira máis puntual, brindei apoio de Español para estudantes de Scuola Media e Superiore durante o meu Erasmus en Italia.
Actualmente, como xa comentei, continúo a miña formación, tanto co mestrado coma cos idiomas. Por elo, busco compaxinar os meus estudos cas aulas de reforzo escolar, e así brindar apoio a outros estudantes que, coma min, se están a formar, e que precisen de axuda.
Ver más
Ver menos