Toco a guitarra dende os 13 anos, principalmente dende un enfoque autodidacta, aínda que tamén recibín formación puntual. Traballo sobre todo a guitarra rítmica, con especial interese na composición e no acompañamento ao canto, adaptándome ao nivel e aos obxectivos de cada persoa.
Durante os últimos anos, formei parte de varios proxectos artísticos, principalmente vinculados á música de autor, a...
Toco a guitarra dende os 13 anos, principalmente dende un enfoque autodidacta, aínda que tamén recibín formación puntual. Traballo sobre todo a guitarra rítmica, con especial interese na composición e no acompañamento ao canto, adaptándome ao nivel e aos obxectivos de cada persoa.
Durante os últimos anos, formei parte de varios proxectos artísticos, principalmente vinculados á música de autor, a bossa nova, a rumba e ao rock.
A idea é aprender a través de música que nos guste, avanzar ao noso ritmo e, sobre todo, pasalo ben tocando!