Perfil de Sabela

user photo
Sabela
15/h
Contactar
1ª clase gratis
Sobre mí
Mis clases
Contacto

Sobre mí

Son estudante de 4º curso do Dobre Grao en Educación Infantil e Educación Primaria e encántame a ensinanza e traballar con nenos e nenas.

Teño experiencia impartindo clases de inglés a alumnado de Educación Infantil e Primaria, ademais da experiencia adquirida durante as miñas prácticas universitarias en diferentes centros educativos. Conto cun nivel B2 de inglés e, ademais, tiven a oportunidade...
Son estudante de 4º curso do Dobre Grao en Educación Infantil e Educación Primaria e encántame a ensinanza e traballar con nenos e nenas.

Teño experiencia impartindo clases de inglés a alumnado de Educación Infantil e Primaria, ademais da experiencia adquirida durante as miñas prácticas universitarias en diferentes centros educativos. Conto cun nivel B2 de inglés e, ademais, tiven a oportunidade de realizar un intercambio en Dublín, o que me permitiu mellorar considerablemente o meu nivel e familiarizarme co uso do inglés nun contexto real. Tamén realicei un Erasmus no estranxeiro, polo que actualmente teño bastante soltura á hora de comunicarme en inglés.

Podo impartir clases de calquera materia a alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato, adaptándome sempre ás necesidades e ao nivel de cada alumno/a. Gústame que as clases sexan dinámicas e que o alumnado non se limite a memorizar, senón que comprenda os contidos e vaia gañando confianza e autonomía.

Podo axudar tanto co seguimento diario das materias e os deberes como coa preparación de exames, resolución de dúbidas e reforzo daqueles contidos que resulten máis difíciles. Para min é importante crear un ambiente agradable e de confianza no que o alumno/a se sinta cómodo para preguntar e aprender ao seu propio ritmo.
Contactar
Ver más Ver menos

Mis clases

Imparto clases Presenciales y Online
Clases de Todos los cursos Estudante de 4º curso do Dobre Grao en Educación Infantil e Primaria, con formación para impartir clases particulares de calquera Ourense (Ciudad), Ourense Ciudad, Barbadás, Ourense (Ciudad), San Cibrao Das Viñas
Clase Presencial
15€/h Ver anuncio
Clases de Inglés Profesora de inglés que imparte clases particulares de todos los niveles Ourense Ciudad, Barbadás, Ourense (Ciudad), San Cibrao Das Viñas
Clase Presencial
15€/h Ver anuncio
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
Denunciar este perfil Muchas gracias por tu ayuda