Perfil de Sara Iglesias Rodríguez

Sobre mi
Mis clases
Contacto

Sobre mi

O meu nome é Sara e agora adícome a ser monitora de ocio e tempo libre mentres preparo as oposicións, xa que recentemente (en xullo do 2025) rematei o máster para poder ser profe.

Encántenme os idiomas e a ensinanza en todas as súas formas, xa que penso que é fundamental para consolidar unha sociedade consciente e crítica.

A miña experiencia como “mestra” comezou coa miña irmá pequena e estende...
O meu nome é Sara e agora adícome a ser monitora de ocio e tempo libre mentres preparo as oposicións, xa que recentemente (en xullo do 2025) rematei o máster para poder ser profe.

Encántenme os idiomas e a ensinanza en todas as súas formas, xa que penso que é fundamental para consolidar unha sociedade consciente e crítica.

A miña experiencia como “mestra” comezou coa miña irmá pequena e estendeuse aos meus curmáns pequenos. Logo durante o mestrado realicei dous meses de prácticas nun instituto en distintos niveis.

Ademais da miña formación universitaria, estudei varios idiomas como son o inglés (C1.1), o italiano (C1.1) e o francés (B2).

Tamén fixen o curso de monitora de ocio e tempo libre, que me axudou a ter outra perspectiva da educación dende o ocio e o xogo.

Por todo isto, as clases serían completamente adaptables ás necesidades do alumnado e aos seus requerimentos académicos, podendo enfocalas dende unha perspectiva máis dinámica nos niveis máis baixos e máis esixente nos altos.

Gústame traballar dende a asociación de conceptos e empregando distintos recursos (música, presentacións, imaxes, vídeos…) , non dende a simple memorización.

Amais, podo adaptarme a distintos niveis educativos grazas á miña variada formación, pois como monitora traballo principalmente con rapazada entre os 3 e os 10 anos, mentres que a miña formación universitaria está máis enfocada a alumnado entre os 12 e os 18.

Na parte idiomática, é dicir, a non dirixida ao ensino obrigatorio e o bacharelato, a idade non é importante.

Ver más Ver menos

Mis clases

Imparto clases Presenciales y Online
Clases de Gallego Especialidade en lingua galega e literatura Santiago de Compostela
Clase Presencial
12€/h Ver anuncio
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
Denunciar este perfil Muchas gracias por tu ayuda