Para min é fundamental como docente adaptarme ás necesidades e características do alumno ou alumna sen deixar nunca de ser esixentes e productivos. Tendo en conta que estamos falando da aprendizaxe de linguas, a mellor maneira de aprendelas sempre será practicalas e naturalizar o seu uso. Faremos así, fincapé nos erros ou dificultades maiores do/a estudante co fin de que poida adquirir e integrar novos coñecementos ou mellorar as competencias das que xa dispón.
A miña experiencia no mundo educativo reside fundamentalmente na formación recibida no Máster en Profesorado na UDC onde aprendín métodos de aprendizaxe e ensinanza de linguas modernos e efectivos e me enfrontrei á dinámica dun instituto.
En relación ao contido impartido, normalmente voume centrar no esixido no nivel ou titulación á que opta o/ a estudante pero, se o vexo preciso, modificareino para cubrir potenciais carencias.
As aulas serán mediante videocámara podéndome adaptar moi ben aos horarios e necesidades do/a alumno/a. Tamén, sempre e cando non exista moita distancia dende eu vivo (A Coruna e arredores), impartirei se así se solicita, aulas presenciais. Dispoño de vehículo propio para desprazarme. Tamén se imparten clases grupos reducidos. En relación ao prezo, eu cobro 14€ por hora mais será posible reducir ese importe se as clases pasan de ser individuais a grupais.
Tamén ofrezo máis servizos ademais das clases, como pode ser a corrección e/ou supervisión de traballos (TFG, TFM, teses...) e calquera outro que acordemos.
Os meus valores fundamentais como profesor son a seriedade, impliación e a capacidade de adaptación.
Ofrece clases particulares a
-
Infantil y preescolar, primaria, ESO, bachillerato, adultos
-
Empresas, autónomos y profesionales (in company)
Cómo da las clases Xoán Goris García
- En el domicilio del profesor
- Se desplaza a domicilio
- Online (Skype, Zoom, Classgap)
Habla estos idiomas
- Gallego
- Español
- Português
- Inglés
Formación: títulos, cursos y certificaciones