Ola! Chámome Alba e son graduada en Filoloxía Galega, nun futuro encantaríame ser docente e facer da lingua unha materia atraíble para os meus futuros alumnos.
Ben sei que para moitos rapaces e rapazas o galego preséntase como unha das materias mais difíciles ou complexas, mais como eu tamén fun estudante, teño a solución para converter esta materia na máis doada dos anos de estudante! Ofrezo co...
Ola! Chámome Alba e son graduada en Filoloxía Galega, nun futuro encantaríame ser docente e facer da lingua unha materia atraíble para os meus futuros alumnos.
Ben sei que para moitos rapaces e rapazas o galego preséntase como unha das materias mais difíciles ou complexas, mais como eu tamén fun estudante, teño a solución para converter esta materia na máis doada dos anos de estudante! Ofrezo contido orixinal (apuntamentos, exercicios...) para reforzar aqueles aspectos que se dan nas aulas e súa vez técnicas para mellorar a competencia comunicativa e escrita na mesma. Con todo, quero facer partícipes aos alumnos das marabillosas posibilidades que ofrece ser bilingüe e achegar novas técnicas de aprendizaxe, que lles facilitaran moito as cousas chegados á universidade.
A primeira clase preséntase como gratuíta, onde me gustaría coñecer aos alumnos e alumnas e ver cales son as súas preferencias, gustos e aptitudes para adaptar á acción docente de xeito exclusivo e eficaz para obter bos resultados.
Esta metodoloxía é aplicable a outras linguas, como por exemplo Francés no ensino medio ou Castelán ata bacharelato; mesmo tamén podo ser de boa axuda en probas coma o Celga.
Espero estar á altura e que as miñas alumnas e alumnos estean satisfeitos!
Ver más
Ver menos