Perfil de Ro Romero

user photo
Ro
★★★★★
6 valoraciones
18 €/h
Contactar
1ª clase gratis
Sobre mí
Mis clases
Valoraciones
Contacto

Sobre mí

(O prezo que aparece son por clases soltas - se queres iniciar un proceso con clases semanais, falamos para acordar un prezo mensual!)

________________________

Eu tamén era a que quedaba en branco cando tocaba falar en inglés.

A que buscaba mentalmente a palabra, repasaba a frase antes de dicila e, para cando se decidía, xa cambiaran de tema. Así que, se che pasa, enténdote. Eu tamén estiven a...
(O prezo que aparece son por clases soltas - se queres iniciar un proceso con clases semanais, falamos para acordar un prezo mensual!)

________________________

Eu tamén era a que quedaba en branco cando tocaba falar en inglés.

A que buscaba mentalmente a palabra, repasaba a frase antes de dicila e, para cando se decidía, xa cambiaran de tema. Así que, se che pasa, enténdote. Eu tamén estiven aí :)

Son Ro, e o inglés pasou de ser algo que estudaba a ser o idioma no que vivín, traballei, fixen amizades e ata discutín ca miña parella. Que tamén é unha boa proba de nivel ;)

Aprendelo desde o español axúdame moito a ensinalo. Coñezo os líos que nos facemos, as cousas que nos custan e eses «pero por que se di así?» que necesitan algo máis ca un «porque si». Ser nativa non te converte automaticamente nunha boa profe: de feito, tendo experiencia en ambas, son mellor profesora de inglés ca de español ou galego, inda que sexan as miñas linguas maternas.

Pero ademais de pasar polo proceso en primeira persoa, tamén teño formación e experiencia:

* Licenciada en Filoloxía Inglesa, co premio extraordinario da miña promoción.
* Un 8,5 sobre 9 no IELTS, exame oficial de inglés.
* 1º de Bacharelato cursado en Bluffton, unha pequena vila da Indiana profunda, en USA.
* Experiencia dando clases en academias e a particulares.
* Profesora de español nunha universidade de Massachusetts, na snowy city of Worcester.
* Monitora de tempo libre en Inglaterra e Irlanda.
* Experiencia de anos como tradutora, correctora e locutora para canles de YouTube en inglés.
* Cinco anos vivindo en Australia, entre canguros, coalas e algún que outro acento difícil de descifrar :)
* E ademáis son moi maja, que sempre suma!

Necesitas apoio co inglés do cole ou do instituto? Entender dunha vez esa gramática que se che atravesa? Preparar un exame ou soltarte falando?
Traballámolo. Adaptarei as clases ao teu nivel, aos teus obxectivos e ao que che estea custando, combinando explicacións e práctica. Con espazo para preguntar o mesmo tres veces se fai falta: ás veces necesitamos que nolo expliquen doutro xeito para que todo encaixe.

Gústame que as clases sexan próximas, que poidas equivocarte con tranquilidade e que entendas o que estás facendo. Que vaias gañando confianza e recursos para seguir pola túa conta, tanto diante dun exame como nunha conversa.

Non me lío máis. Cóntame que precisas e empezamos por aí :)
Contactar
Ver más Ver menos

Mis clases

Imparto clases Presenciales y Online
Clases de Inglés O inglés fáiseche un lío? Desenredámolo xuntos. Clases na Pobra Vigo, A Pobra Do Caramiñal
Clase Presencial
18€/h Ver anuncio

Nivel de las clases

PrimariaESOBachilleratoUniversitariosAdultos

Idiomas que hablo

EspañolGallegoInglés

Educación y certificaciones

Licenciatura: Filoloxía Inglesa

Opiniones sobre mis clases

5
★
6 valoraciones
1
2
3
4
5
100%
A
Alvaro
Abril de 2020
★ ★ ★ ★ ★
Me han encantado las clases de Rocío! Te hace sentir que mejoras desde el día 1, y te lo pasas bien mientras vas aprendiendo. Te hace darte cuenta de que sabes más de lo que piensas!
Ver más
Ver menos
R
Rebeca
Abril de 2020
★ ★ ★ ★ ★
Rocío es una gran profesional. Necesitaba mejorar mi inglés hablado por motivos laborales, y en poco tiempo conseguí mi objetivo. Recomendada 100%
Ver más
Ver menos
N
Nuria
Abril de 2020
★ ★ ★ ★ ★
Rocío crea un entorno en el que no sientes que estás en una clase. Aprendes divirtiéndote con una persona con la que puedes hablar y reírte de todo.
Ver más
Ver menos
Ver las 6 valoraciones
Lu Ma Mi Ju Vi Sá Do
Mañana
Mediodía
Tarde

Ubicación de mis clases

A Pobra Do Caramiñal
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
Denunciar este perfil Muchas gracias por tu ayuda